20 de marzo de 2014

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Os pequechos da clase de 4 anos teñen outra recomendación para todos. 
Pinchade na imaxe e poderedes vela no seu blog.


Grazas pequechos!!

10 de marzo de 2014

RECOMENDACIÓNS DE INFANTIL

Os peques do cole despediron o entroido cun día pirata, e recibiron a visita dun cangrexo que lles levou dous contos cos que pasaron un rato xenial.

 
Os nenos de infantil queren recomendarnos eses contos para que non deixemos de leelos: O pirata pata de lata e O capitán calabrote. Os dous son de Kalandraka.

Este conto escrito por Alberto Sebastián e ilustrado por Carles Arbat, conta a historia dun capitán que vivía tranquilamente, retirado na illa deserta onde tiña enterrado o seu tesouro. Un día apareceu un visitante inesperado: outro vello e temible pirata escollera o mesmo territorio para agachar o seu cofre...


Oli escibiu este conto que foi ilustrado por Ramón Trigo. 
Chegan novas de que “O pirata pata de lata” deixa o seu retiro e volve á carga con enerxías renovadas, tratando de incordiar a cantos atope ao seu paso, sexan de carne e óso, ou simples espíritos.

Aqui tedes un pequeno adianto de: O pirata pata de lata

 

Queredes ver que guapos estaban os pequechos vestidos de piratas? 


Esperamos que vos gusten tanto como a eles!!