Aquí estamos para despedir este curso dunha forma estupenda.
Dende o equipo de dinamización da lingua galega, fannos chegar un novo número da REVISTA ONDIÑAS.
Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todo o alumnado e de todo os titores do cole na elaboración da revista, que un ano mais nos deixa un fantástico recordo do curso que remata.
Aínda que todas as familias xa teñen a revista na casa, queremos compartila para que poida chegar tamén a outros familiares do noso alumnado.
Hoxe é o día das letras galegas, pero no cole celebrámolo onte con varias actividades que fixemos xuntos todos os que formamos o ceip de Tirán.
Grazas ao equipo de dinamización da lingua galega por organizar estas actividades que nos permitiron ter unha xornada especial e diferente.
Despois do recreo xuntámonos todos os nenos e nenas cos profes, e fixemos equipos mesturando as idades, para participar nunha xincana de actividades variadas sobre o escritor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro.
Aquí vos deixamos una presentación con algunhas fotos (de fondo podedes escoitar "Toc toc" de Pablo Díaz, do concerto que escoitamos no correlingua)
Despois da xincana xuntámonos todos para cantar unha canción que estivemos preparando durante estas últimas semanas no cole ESA LUS (premede no título da canción para ler algo mais sobre esa canción)
Co profe de música, ademais de preparar a canción, montaron unha percusión xenial... mirade a introducción que chulada:
Todos xuntos na entrada do cole cantamos esta canción dun poema de Díaz Castro
E despois de cantar puxemos mais música en galego para bailar xuntos... sobre todo MEU O MUNDO É de Paco Nogueiras que nos encanta!!
Como remate, todos levamos unha chapa como as que fixemos para o correlingua, como regalo para alguen a quen lle queiramos dicir:
Feliz día das letras galegas a todos, levamos varios días facendo actividades sobre o protagonista deste día: Xosé María Díaz Grande (xogos, cancións, contos....) e hoxe no cole celebraremos este día todos xuntos: porque nos gusta vivir e sentir en galego, que nos fai únicos e especiais. Queremos compartir hoxe unha canción moi animada de Paco Nogueiras sobre o homenaxeado deste ano nas letras galegas. Esperamos que vos guste.
E se vos gusta Paco Nogueiras, pasade polo blog dos pequechos ou de 5 anos, e poderedes ver outra canción súa sobre o galego que ten moita marcha e que nos encanta. Premede na imaxe de calquera dos blogues e iredes directos a ela.
Moitos coles traballaron estes meses preparando un montón de actividades sobre o homenaxeado de este ano, agradecemos o seu traballo e compartimolo con todos vós.
Premede na imaxe de cada ciclo para acceder directamente ás actividades. A de infantil levaravos ao blog dos pequechos que nos presentan varias actividades LIM.
Desexamos que o pasedes ben e aprendades covas cousas sobre Xose María Díaz Castro.
Hoxe estamos cantareiros, e queremos compartir con vos mais cousas sobre o protagonista das letras galegas 2014... pero hoxe en tono musical, dende A LUS DO MUNDO: un proxecto educativo para achegar a poesía ós escolares e redescubrir ao autor homenaxeado este ano.
Podedes acceder a súa páxina premendo na imaxe.
Para saber que é A lus do mundo, remontámonos ao curso 2012/13 no que o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz embarcouse nunha aventura: a de recuperar cun documental a figura do poeta que daba nome ao seu centro e contribuir á que se lle adicase ó Día das Letras Galegas. Acadouse ese obxectivo e dende entón os proxectos relacionados con A lus do mundo multiplicáronse. Xa hai en marcha unha nova película feita polos alumnos, editaron a axenda 2014 deseñada pola biblioteca escolar, varias unidades didácticas, unha exposición, están argallando un roteiro interactivo, etcétera, etcétera.
Pero o máis importante é que todo este traballo é para compartir, descargar e enriquecer. Teñen a nosa disposición a axenda que se pode imprimir para poñer no aula, as cancións cos poemas musicados, os karaokes ou o propio documental...
ESA LUS. Comezamos cunha canción que todo o alumnado do noso cole está aprendendo para cantala xuntos este venres, día que celebraremos as letras galegas.
A NOITE É. Os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora de música Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES de Guitiriz, e presentado como un karaoke.
PENÉLOPE. O alumnado deste IES comparte con nos este poema musicalizado.
Esperamos que desfrutedes con todas elas. Non deixedes de visitar a súa páxina e desfrutar de todo o seu traballo.
Seguimos na semana das letras galegas, e hoxe queremos compartir algúns xogos que atopamos na rede sobre o homenaxeado de este ano.
Os autores destes xogos son: Roger Rey & Fernando Romero & Aurora Gay, do EDLG do CEIP A Ponte de Lugo.
Esperamos que sexa un recurso útil para os mestres nas aulas e, porque non, para xogar na casa e aprender cousas novas en familia sobre Xose María Díaz Castro.
Queremos compartir diferentes materiais e enlaces que recompilamos sobre o protagonista das letras galegas 2014: Xose María Díaz Castro. Podedes acceder a elas pinchando nas imaxes.
1. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) recompilou varias actividades.
2. O Seminario Galán comparte mais materiais para coñecer algo mais da vida e obra de Xosé María Díaz Castro, con documentos para imprimir, actividades, xogos, etc...
3. Aquí tedes un tríptico informativo sobre Díaz Castro, feito pola Biblioteca Escolar en colaboración co EDLG do CEIP ADR Castelao Rianxo.
4. E por último aqui tedes unha presentación sobre a vida e obra de Xosé Mª Díaz Castro realizada por Elvira Roíz do IES Concepción Arenal