Hoxe estamos cantareiros, e queremos compartir con vos mais cousas sobre o protagonista das letras galegas 2014... pero hoxe en tono musical, dende A LUS DO MUNDO: un proxecto educativo para achegar a poesía ós escolares e redescubrir ao autor homenaxeado este ano.
Podedes acceder a súa páxina premendo na imaxe.
Para saber que é A lus do mundo, remontámonos ao curso 2012/13 no que o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz embarcouse nunha aventura: a de recuperar cun documental a figura do poeta que daba nome ao seu centro e contribuir á que se lle adicase ó Día das Letras Galegas. Acadouse ese obxectivo e dende entón os proxectos relacionados con A lus do mundo multiplicáronse. Xa hai en marcha unha nova película feita polos alumnos, editaron a axenda 2014 deseñada pola biblioteca escolar, varias unidades didácticas, unha exposición, están argallando un roteiro interactivo, etcétera, etcétera.
Pero o máis importante é que todo este traballo é para compartir, descargar e enriquecer. Teñen a nosa disposición a axenda que se pode imprimir para poñer no aula, as cancións cos poemas musicados, os karaokes ou o propio documental...
ESA LUS. Comezamos cunha canción que todo o alumnado do noso cole está aprendendo para cantala xuntos este venres, día que celebraremos as letras galegas.
A NOITE É. Os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora de música Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES de Guitiriz, e presentado como un karaoke.
A NOITE É. Os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora de música Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES de Guitiriz, e presentado como un karaoke.
PENÉLOPE. O alumnado deste IES comparte con nos este poema musicalizado.
Esperamos que desfrutedes con todas elas. Non deixedes de visitar a súa páxina e desfrutar de todo o seu traballo.
Grazas por compartilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario