25 de abril de 2014

TI + EU = LIBRO

Este foi o lema que, dendo o equipo da biblioteca, propuxemos para celebrar este ano o día do libro. Pensábamos na frase final das normas da biblioteca que saiu dos peques do cole: "divertímonos lendo e compartimos os libros".


Encantounos a idea de encher todo o cole de libros, e de compartir a lectura uns cos outros. E iso foi o que fixemos. Repartimos todo o alumnado en parellas, os maiores cos peques, sacamos os libros "a pasear", e cada parella elexiu un conto para compartir e despois de disfrutar da lectura, xuntos, fixeron unha ilustración de recordo. Estas ilustracións quedaron todas recollidas nun libro que pasa a formar parte da nosa biblio. 

Mirade que ben o pasamos:


E despois, para rematar o día, xuntámonos todos na biblio para escoitar unha historia en ingles. 


Grazas a Laurent por compartir con nos "Onde viven os monstros" en inglés: "Where the wild things are"


Aquí tedes unha pequena mostra do que puidemos ver en directo

E para os que querede volver a disfrutar a historia, aqui tedes o video co conto en inglés... que así tamén practicades!!

Esperamos que todos disfrutárades un día xenial, e que cada día do ano sigades compartindo contos cos vosos amigos, coa familia....



23 de abril de 2014

FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe é un día moi especial que celebraremos no cole con moita ilusión, porque nos encantan os libros!

Xa vos contaremos todo o que temos organizado... seguro que será un día xenial rodeados de libros!

Quredes unha pista? o lema deste ano é: TI + EU = LIBRO


7 de abril de 2014

UN LIBRO SAE DE TIRÁN RUMBO A CARBALLEDO

Dende principio de curso, gracias a unha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, estamos coñecendo e compartindo moitas cousas co CEIP plurilingüe de Carballedo (blog da biblio de Carballedo)

Esta vez tocounos presentar o noso centro para que os nenos de Carballedo poidan coñecer o noso cole por dentro... e por fora!
Así que montamos un libro xigante que fixemos con moita ilusión entre todo o alumnado de Tirán... esperamos que lles guste!!!

Estamos desexando ver o seu libro e coñecer o seu cole!

4 de abril de 2014

AS NORMAS DA NOSA BIBLIO

As normas son importantes porque axudan a que todo funcione mellor.

Somos moitos os que usamos a biblio: alumnos e alumnas, os pais e nais e os mestres, por iso entre todas as clases do cole fixemos un decálogo para que todos podamos desfrutar mais na biblioteca.

Todo o alumnado aportou ideas, e despois resumimos tantas boas ideas nunha lista de 10 normas para poder estar cómodos na biblioteca e que todo funcione de marabilla.

E para non olvidalas, tamén as ilustramos e puxemos á vista de todos os que usades a biblioteca.... queredes velas? 


Aquí as tedes mais grandes para non perder detalle e saber que clase foi a encargada de facelas.

Así lucen as normas na porta da biblioteca

Ilustrada pola clase de 3 anos

Ilustrada pola clase de 1º

Ilustrada pola clase de 2º

Ilustrada pola clase de 5 anos

Ilustrada pola clase de 4º

Ilustrada pola clase de 5º e 6º

Ilustrada pola clase de 4º

Ilustrada pola clase de 3º

Ilustrada pola clase de 5º e 6º

Ilustrada pola clase de 4 anos


Nos olvidedes que a biblio é de todos e por iso é importante coidala e que todos respetemos as normas... vemonos entre os libros?

2 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Queredes ler o Manifesto no Día Internacional do Libro Infantil? pinchade na imaxe.

http://botons.eu/2014/04/02/carta-aos-nenos-e-nenas-do-mundo/

DÍA DO LIBRO INFANTIL + CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Ilustración de Poly Bernatene

O 2 de abril de 1805 naceu escritor danés Hans Christian Andersen, escritor de contos como: O traxe novo do emperador, A sirenita, O patiño feo, As zapatillas vermellas, O soldadiño de chumbo...
Cada ano, coincidindo coa data do seu nacemento, celébrase o día do libro infantil.

Como xa vos contamos, hoxe tamén se celebra o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.


Unindo estas dúas celebracións, queremos recomendarvos unha entrada dun blog de contos, na que se fala de libros infantiles e de autismo. Pinchade na imaxe para ver uns contos mois especiais.

DÍA DA CONCIENCIACIÓN MUNDIAL PARA O AUTISMO

Hoxe, 2 abril, é o dia da concienciación mundial para o autismo.... por iso na entrada do cole había un montón de globos azuis

Este curso escolar, no noso centro estase a levar a cabo un grupo de traballo, formado por profesores de distintos centros educativos de Vigo e arredores, co obxectivo de elaborar materiais para o alumnado con trastornos do espectro autista. Marcos, o noso mestre de pedagoxía terapéutica é o coordinador do grupo. 

Se pinchades na imaxe dos globos, poderedes ver unhas pautas que elaboraron estes mestres para concienciarnos, sensibilizarnos e axudar as persoas con TEA.


Dende o equipo da biblioteca gustaríanos compartir con vos un novo capítulo dun proxecto realizado por dous mestres que teñen un fillo con TEA (trastorno do espectro autista).

Pinchade na imaxe para ver o vídeo de Manuel:


http://afrontandoelautismoconsensibilidad.wordpress.com/2014/03/31/a-cancion-de-manuel-iii-o-oito/ 

Xa é o terceiro ano que o fan, asi que vos deixamos tamén os anteriores, por si queredes coñecer un pouco mais a Manuel.


 



Olga Lalín, a mamá de Manuel, escribiu este conto: "Hada Esther". Esther, a terapeuta de Manuel, é unha das docentes do grupo de traballo no que participa o noso profe Marcos. Se pinchades na imaxe do conto poderedes saber mais sobre el. 
    



E como non, porque nos encantan os contos, para despedirnos, queremos deixarvos dous contos... pinchade na imaxes para poder velos.
https://www.youtube.com/watch?v=K0usZT3LGOQ

https://www.youtube.com/watch?v=DBjka_zQBdQ