Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

14 de mayo de 2014

CANTANDO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Hoxe estamos cantareiros, e queremos compartir con vos mais cousas sobre o protagonista das letras galegas 2014... pero hoxe en tono musical, dende A LUS DO MUNDO: un proxecto educativo para achegar a poesía ós escolares e redescubrir ao autor homenaxeado este ano. 

Podedes acceder a súa páxina premendo na imaxe. 



Para saber que é A lus do mundo, remontámonos ao curso 2012/13 no que o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz embarcouse nunha aventura: a de recuperar cun documental a figura do poeta que daba nome ao seu centro e contribuir á que se lle adicase ó Día das Letras Galegas. Acadouse ese obxectivo e dende entón os proxectos relacionados con A lus do mundo multiplicáronse. Xa hai en marcha unha nova película feita polos alumnos, editaron a axenda 2014 deseñada pola biblioteca escolar, varias unidades didácticas, unha exposición, están argallando un roteiro interactivo, etcétera, etcétera.

Pero o máis importante é que todo este traballo é para compartir, descargar e enriquecer. Teñen a nosa disposición a axenda que se pode imprimir para poñer no aula, as cancións cos poemas musicados, os karaokes ou o propio documental...



ESA LUS. Comezamos cunha canción que todo o alumnado do noso cole está aprendendo para cantala xuntos este venres, día que celebraremos as letras galegas.



A NOITE É. Os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora de música Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES de Guitiriz, e presentado como un karaoke.



PENÉLOPE. O alumnado deste IES comparte con nos este poema musicalizado.

Esperamos que desfrutedes con todas elas. Non deixedes de visitar a súa páxina e desfrutar de todo o seu traballo.
Grazas por compartilo.

XOGANDO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Seguimos na semana das letras galegas, e hoxe queremos compartir algúns xogos que atopamos na rede sobre o homenaxeado de este ano. 
Os autores destes xogos son: Roger Rey & Fernando Romero & Aurora Gay, do EDLG do CEIP A Ponte de Lugo.


Esperamos que sexa un recurso útil para os mestres nas aulas e, porque non, para xogar na casa e aprender cousas novas en familia sobre Xose María Díaz Castro. 


PASAPALABRA


PASAPREGUNTAS


TEST