19 de junio de 2014

UN NOVO NÚMERO DE "ONDIÑAS", A REVISTA DO COLE

Aquí estamos para despedir este curso dunha forma estupenda. 

Dende o equipo de dinamización da lingua galega, fannos chegar un novo número da REVISTA ONDIÑAS. 

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de todo o alumnado e de todo os titores do cole na elaboración da revista, que un ano mais nos deixa un fantástico recordo do curso que remata. 

Aínda que todas as familias xa teñen a revista na casa, queremos compartila para que poida chegar tamén a outros familiares do noso alumnado.

Desexamos que vos guste!!

17 de mayo de 2014

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2014

Hoxe é o día das letras galegas, pero no cole celebrámolo onte con varias actividades que fixemos xuntos todos os que formamos o ceip de Tirán.

Grazas ao equipo de dinamización da lingua galega por organizar estas actividades que nos permitiron ter unha xornada especial e diferente.


Despois do recreo xuntámonos todos os nenos e nenas cos profes, e fixemos equipos mesturando as idades, para participar nunha xincana de actividades variadas sobre o escritor homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro.

Aquí vos deixamos una presentación con algunhas fotos (de fondo podedes escoitar "Toc toc" de Pablo Díaz, do concerto que escoitamos no correlingua)


Despois da xincana xuntámonos todos para cantar unha canción que estivemos preparando durante estas últimas semanas no cole ESA LUS (premede no título da canción para ler algo mais sobre esa canción)

Co profe de música, ademais de preparar a canción, montaron unha percusión xenial... mirade a introducción que chulada: 

Todos xuntos na entrada do cole cantamos esta canción dun poema de Díaz Castro

E despois de cantar puxemos mais música en galego para bailar xuntos... sobre todo MEU O MUNDO É de Paco Nogueiras que nos encanta!!


Como remate, todos levamos unha chapa como as que fixemos para o correlingua, como regalo para alguen a quen lle queiramos dicir:
PRÉNDETE AO GALEGO!!


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, 17 de maio, aínda que é sábado e non hai ninguén no cole... achegámonos para desexarvos un feliz día. 


Non olvidedes o lema do correlingua: 
GALEGO: O PASO ADIANTE, 
e o que puxemos nas chapas: 
PRÉNDETE AO GALEGO. 



16 de mayo de 2014

DANIEL COSTAS NA BIBLIO DE TIRÁN

Dentro das actividades especiais das letras galegas, esta semana visitounos o poeta de Moaña Daniel Costas (preme no seu nome e poderas saber algo mais deste escritor). 



Primeriro estivo cos pequechos do cole. Premede na imaxe para ver o que nos contan no seu blog da visita de Daniel Costas (con fotos e vídeo incluidos).


Despois tocoulle aos nenos de primaria que escoitaron a Daniel recitar versos dos seus libros de poemas. 






Despois fixeronlle preguntas que el contestou encantado.


E para rematar, os nenos sorprenderon a Daniel recitando versos dos seus poemas. 


Grazas Daniel pola túa visita. Cando sexas o protagonista das letras galegas.... presumiremos de coñecerte ;) 

XOSE Mª DÍAZ CASTRO CON MOITA MARCHA

Feliz día das letras galegas a todos, levamos varios días facendo actividades sobre o protagonista deste día: Xosé María Díaz Grande (xogos, cancións, contos....) e hoxe no cole celebraremos este día todos xuntos: porque nos gusta vivir e sentir en galego, que nos fai únicos e especiais.

Queremos compartir hoxe unha canción moi animada de Paco Nogueiras sobre o homenaxeado deste ano nas letras galegas. Esperamos que vos guste.



E se vos gusta Paco Nogueiras, pasade polo blog dos pequechos ou de 5 anos, e poderedes ver outra canción súa sobre o galego que ten moita marcha e que nos encanta. 
Premede na imaxe de calquera dos blogues e iredes directos a ela.





15 de mayo de 2014

ACTIVIDADES LIM CON XOSE Mª DÍAZ CASTRO

Moitos coles traballaron estes meses preparando un montón de actividades sobre o homenaxeado de este ano, agradecemos o seu traballo e compartimolo con todos vós.

Premede na imaxe de cada ciclo para acceder directamente ás actividades. A de infantil levaravos ao blog dos pequechos que nos presentan varias actividades LIM.

Desexamos que o pasedes ben e aprendades covas cousas sobre Xose María Díaz Castro. 








UN PEQUECHOS COMPARTEN UN CONTO ESPECIAL PARA ESTOS DÍAS

Non deixedes de ver o conto que nos recomendan os pequechos do cole no seu blog: perfecto para estas datas! 

Premede na imaxe e iredes directos ao seu blog. 

14 de mayo de 2014

CANTANDO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Hoxe estamos cantareiros, e queremos compartir con vos mais cousas sobre o protagonista das letras galegas 2014... pero hoxe en tono musical, dende A LUS DO MUNDO: un proxecto educativo para achegar a poesía ós escolares e redescubrir ao autor homenaxeado este ano. 

Podedes acceder a súa páxina premendo na imaxe. 



Para saber que é A lus do mundo, remontámonos ao curso 2012/13 no que o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz embarcouse nunha aventura: a de recuperar cun documental a figura do poeta que daba nome ao seu centro e contribuir á que se lle adicase ó Día das Letras Galegas. Acadouse ese obxectivo e dende entón os proxectos relacionados con A lus do mundo multiplicáronse. Xa hai en marcha unha nova película feita polos alumnos, editaron a axenda 2014 deseñada pola biblioteca escolar, varias unidades didácticas, unha exposición, están argallando un roteiro interactivo, etcétera, etcétera.

Pero o máis importante é que todo este traballo é para compartir, descargar e enriquecer. Teñen a nosa disposición a axenda que se pode imprimir para poñer no aula, as cancións cos poemas musicados, os karaokes ou o propio documental...



ESA LUS. Comezamos cunha canción que todo o alumnado do noso cole está aprendendo para cantala xuntos este venres, día que celebraremos as letras galegas.



A NOITE É. Os poemas de Díaz Castro musicados pola profesora de música Sandra Tenreiro e interpretados polo alumnado do IES de Guitiriz, e presentado como un karaoke.



PENÉLOPE. O alumnado deste IES comparte con nos este poema musicalizado.

Esperamos que desfrutedes con todas elas. Non deixedes de visitar a súa páxina e desfrutar de todo o seu traballo.
Grazas por compartilo.

XOGANDO CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Seguimos na semana das letras galegas, e hoxe queremos compartir algúns xogos que atopamos na rede sobre o homenaxeado de este ano. 
Os autores destes xogos son: Roger Rey & Fernando Romero & Aurora Gay, do EDLG do CEIP A Ponte de Lugo.


Esperamos que sexa un recurso útil para os mestres nas aulas e, porque non, para xogar na casa e aprender cousas novas en familia sobre Xose María Díaz Castro. 


PASAPALABRA


PASAPREGUNTAS


TEST

13 de mayo de 2014

MATERIAL SOBRE XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO

Queremos compartir diferentes materiais e enlaces que recompilamos sobre o protagonista das letras galegas 2014: Xose María Díaz Castro. 
Podedes acceder a elas pinchando nas imaxes.


1. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) recompilou varias actividades. 



2. O Seminario Galán comparte mais materiais para coñecer algo mais da vida e obra de Xosé María Díaz Castro, con documentos para imprimir, actividades, xogos, etc...



3. Aquí tedes un tríptico informativo sobre Díaz Castro, feito pola Biblioteca Escolar en colaboración co EDLG do CEIP ADR Castelao Rianxo.




4. E por último aqui tedes unha presentación sobre a vida e obra de Xosé Mª Díaz Castro realizada por Elvira Roíz do IES Concepción Arenal


More PowerPoint presentations from Elvira

12 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Esta semana celebramos o día das letras galegas, que esté ano está adicado a Xosé María Díaz Castro. 


Queredes coñecelo? Pois aquí vos deixamos unha pequena animación na que el mesmo se presenta. 



Atopámola no blog O NOSO PEQUENO MUNDO (podedes acceder pinchando no nome do blog). 

É un blog creado polas profes Filo e Marga para que, como elas mesmas din: @s seus/súas alumn@s aprendan xogando. 

Esperamos que vos guste.




Animádevos a facer o brincaletras que tamén comparten con nos estas mestras.

Grazas por este material tan xenial e noraboa polo voso blog.

6 de mayo de 2014

OS PEQUECHOS DA CLASE DE 4 TEÑEN DÚAS RECOMENDACIÓNS

Si sodes seguidores do blog de infantil: PEQUECHOS DE TIRÁN, seguro que xa tedes apuntada a súa última recomendación lectora: dous contos que tamén queremos recomendarvos dende o equipo da biblioteca.

Cocorico e A oruga glotona.... pinchade en calquera das dúas imaxes e poderedes ver o que nos contan os pequechos sobre estes contos:

                                                                                                                                                                  



GRAZAS PEQUECHOS!!

2 de mayo de 2014

RECORDANDO O DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celebramos no cole o día do libro, este ano co lema: TI + EU = LIBRO, e fixemos un montón de cousas (pincha AQUI se queres recordalas).

Ese día compartimos contos e fixemos ilustracións os peques cos maiores. Como resultado montamos un libro de recordo recompilando todos os debuxos dos artistas de Tirán.

Ese libro xa forma parte da nosa biblioteca, pero aquí o tedes para que poidades disfrutar da arte do noso alumnado:


25 de abril de 2014

TI + EU = LIBRO

Este foi o lema que, dendo o equipo da biblioteca, propuxemos para celebrar este ano o día do libro. Pensábamos na frase final das normas da biblioteca que saiu dos peques do cole: "divertímonos lendo e compartimos os libros".


Encantounos a idea de encher todo o cole de libros, e de compartir a lectura uns cos outros. E iso foi o que fixemos. Repartimos todo o alumnado en parellas, os maiores cos peques, sacamos os libros "a pasear", e cada parella elexiu un conto para compartir e despois de disfrutar da lectura, xuntos, fixeron unha ilustración de recordo. Estas ilustracións quedaron todas recollidas nun libro que pasa a formar parte da nosa biblio. 

Mirade que ben o pasamos:


E despois, para rematar o día, xuntámonos todos na biblio para escoitar unha historia en ingles. 


Grazas a Laurent por compartir con nos "Onde viven os monstros" en inglés: "Where the wild things are"


Aquí tedes unha pequena mostra do que puidemos ver en directo

E para os que querede volver a disfrutar a historia, aqui tedes o video co conto en inglés... que así tamén practicades!!

Esperamos que todos disfrutárades un día xenial, e que cada día do ano sigades compartindo contos cos vosos amigos, coa familia....



23 de abril de 2014

FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe é un día moi especial que celebraremos no cole con moita ilusión, porque nos encantan os libros!

Xa vos contaremos todo o que temos organizado... seguro que será un día xenial rodeados de libros!

Quredes unha pista? o lema deste ano é: TI + EU = LIBRO


7 de abril de 2014

UN LIBRO SAE DE TIRÁN RUMBO A CARBALLEDO

Dende principio de curso, gracias a unha proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, estamos coñecendo e compartindo moitas cousas co CEIP plurilingüe de Carballedo (blog da biblio de Carballedo)

Esta vez tocounos presentar o noso centro para que os nenos de Carballedo poidan coñecer o noso cole por dentro... e por fora!
Así que montamos un libro xigante que fixemos con moita ilusión entre todo o alumnado de Tirán... esperamos que lles guste!!!

Estamos desexando ver o seu libro e coñecer o seu cole!

4 de abril de 2014

AS NORMAS DA NOSA BIBLIO

As normas son importantes porque axudan a que todo funcione mellor.

Somos moitos os que usamos a biblio: alumnos e alumnas, os pais e nais e os mestres, por iso entre todas as clases do cole fixemos un decálogo para que todos podamos desfrutar mais na biblioteca.

Todo o alumnado aportou ideas, e despois resumimos tantas boas ideas nunha lista de 10 normas para poder estar cómodos na biblioteca e que todo funcione de marabilla.

E para non olvidalas, tamén as ilustramos e puxemos á vista de todos os que usades a biblioteca.... queredes velas? 


Aquí as tedes mais grandes para non perder detalle e saber que clase foi a encargada de facelas.

Así lucen as normas na porta da biblioteca

Ilustrada pola clase de 3 anos

Ilustrada pola clase de 1º

Ilustrada pola clase de 2º

Ilustrada pola clase de 5 anos

Ilustrada pola clase de 4º

Ilustrada pola clase de 5º e 6º

Ilustrada pola clase de 4º

Ilustrada pola clase de 3º

Ilustrada pola clase de 5º e 6º

Ilustrada pola clase de 4 anos


Nos olvidedes que a biblio é de todos e por iso é importante coidala e que todos respetemos as normas... vemonos entre os libros?

2 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Queredes ler o Manifesto no Día Internacional do Libro Infantil? pinchade na imaxe.

http://botons.eu/2014/04/02/carta-aos-nenos-e-nenas-do-mundo/

DÍA DO LIBRO INFANTIL + CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Ilustración de Poly Bernatene

O 2 de abril de 1805 naceu escritor danés Hans Christian Andersen, escritor de contos como: O traxe novo do emperador, A sirenita, O patiño feo, As zapatillas vermellas, O soldadiño de chumbo...
Cada ano, coincidindo coa data do seu nacemento, celébrase o día do libro infantil.

Como xa vos contamos, hoxe tamén se celebra o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.


Unindo estas dúas celebracións, queremos recomendarvos unha entrada dun blog de contos, na que se fala de libros infantiles e de autismo. Pinchade na imaxe para ver uns contos mois especiais.