Queremos presentarvos os fantásticos encargados da biblioteca.
Son un grupo de nenos e nenas de terceiro ciclo que os luns e xoves están na biblio para axudarvos en todo o que precisedes.
Se ides a biblio no recreo, atoparedes algún destes colaboradores que estarán encantados de axudar en todo o que precisedes durante o tempo de lectura na biblio: buscar libros, consultar as recomendacións, etc...
Ademais estarán sempre dispostos a recordar as normas da biblioteca... ¿non sabedes cales son as normas?, pois pronto as veredes no noso blogue.
Grazas a todos os encargados!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario